Para solicitar a exención no pago das taxas, se considera que cumpre cos requisitos establecidos na citada Ordenanza 40, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, mediante o modelo normalizado e acompañado da documentación que se indica, a correspondente solicitude. Copia do impreso, coa constatación da súa presentación no Rexistro, será o que deberá presentar, no prazo indicado, na escola correspondente.
- O prazo para solicitar a exención para o alumnado que renove praza será do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2025.
- O prazo para solicitar a exención para o alumnado de novo ingreso será do 24 ao 30 de setembro de 2025.
Prazos e datas para alumnado do curso anterior (reserva de praza)
Reserva de praza
Do 2 ao 20 de xuño de 2025, presencialmente en cada escola.
Pago de matrícula e/ou solicitude de exención de taxas, no seu caso
Do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2025
Para a confirmación da matrícula, deberase presentar na escola correspondente o xustificante do pago da matrícula ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado.
Prazos e datas para alumnado de novo ingreso
Preinscrición
Online: do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025
Presencial: nas oficinas das Escolas, do 23 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 5 de setembro de 2025