Matriculación do novo alumnado 2026-2027
ATENCIÓN: Só para alumnado que figure nas correspondentes Listas de Admitidos para o curso 2026-2027.
Para formalizar a matrícula deberán presentar, na escola municipal correspondente, o xustificante de ter realizado o pagamento da matrícula (segundo o establecido na Ordenanza 40 da Ordenanzas de Tributos e prezos Públicos 2026, descargar en PDF), ou ben, xustificante de ter presentado no Rexistro Xeral, a correspondente solicitude de exención de taxas (descargar PDF), xunto coa documentación correspondente. O prazo para estes trámites é do 24 ao 30 de setembro de 2026.
Para o pagamento da matrícula, deberá acceder á Sede electrónica do Concello de Vigo a través deste enlace: https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_escuelas_municipales.jsp e, seguindo as instruccións, poderá facer o pago electrónico ou ben xerar a folla de autoliquidación que deberá presentar nunha entidade financeira para efectuar o pagamento. O xustificante de ter realizado este proceso de pago, en calquera das súas formas, será o que deberá presentar, no prazo indicado, na escola correspondente.
Para solicitar a exención no pago das taxas, se considera que cumpre cos requisitos establecidos na citada Ordenanza 40, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, mediante o modelo normalizado e acompañado da documentación que se indica, a correspondente solicitude. Copia do impreso, coa constatación da súa presentación no Rexistro, será o que deberá presentar, no prazo indicado, na escola correspondente.
É importante que no formulario da Sede electrónica, se introduza o nome da persona que se matricula, escrito exactamente igual ao que aparece nos seguintes listados, un DNI asociado á persoa que se matricula (ben sexa o DNI da mesma persoa ou da súa nai, pai ou titores/titoras), e se seleccione a especialidade ou itinerario correspondente.
Exención de taxas
Para solicitar a exención no pago das taxas, se considera que cumpre cos requisitos establecidos na citada Ordenanza 40, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, mediante o modelo normalizado e acompañado da documentación que se indica, a correspondente solicitude. Copia do impreso, coa constatación da súa presentación no Rexistro, será o que deberá presentar, no prazo indicado, na escola correspondente.- O prazo para solicitar a exención para o alumnado que renove praza será do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2026.
- O prazo para solicitar a exención para o alumnado de novo ingreso será do 24 ao 30 de setembro de 2026.
- Ordenanza 40. Ordenanzas de tributos e prezos públicos 2026. Concello de Vigo (PDF)
- Impreso e documentación a presentar (PDF)
Prazos e datas para alumnado do curso anterior (reserva de praza)
Reserva de praza
- Do 8 ao 19 de xuño de 2026, presencialmente en cada escola.
Pago de matrícula e/ou solicitude de exención de taxas, no seu caso
- Do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2026
Prazos e datas para alumnado de novo ingreso
Preinscrición
- Online: do 22 de xuño ao 4 de setembro de 2026
- Presencial: nas oficinas das Escolas, do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 4 de setembro de 2026
Publicación listas de solicitantes
- 9 de setembro de 2026
Sorteos (no seu caso)
- 15 de setembro de 2026
Probas específicas (no seu caso)
- Do 15 ao 18 de setembro de 2026
Publicación listas de admitidos
- 23 de setembro de 2026
Matrícula
- Do 24 ao 30 de setembro de 2026
Solicitude exención de taxas
- Do 24 ao 30 de setembro de 2026
Comezo do curso
- 1 de outubro de 2026
Praza do Rei n 1 - 36202
Teléfono: 986 81 01 00

